miércoles, 10 de diciembre de 2008

¿TODO QUEDA EN CASA?

REFERENTE Ao MONUMENTO A Alfonso IX ( A Coruña ) :

...Un pouco de Historia:

--No ano 2007,os membros do xurado do premio convocado decidiron que "coas normas reguladoras do concurso,ben por falta de simbolismo ,ben por non adecuarse á contorna" descartar todas as propostas declarando deserto o concurso.

--Tamén confirmou o Alcalde en 2007 que "o goberno municipal buscará agora un artista de recoñecido prestixio para encargarlle a realización do monumento"

--Silvia Longueira Castro,concelleira de servizos sociais e Presidenta naquel momento do Xurado do Premio ao Monumento a Afonso IX,a proposta de Isaac Diaz Pardo o día 17 de decembro de 2007 é nomeada Vicepresidenta da Fundación Luís Seoane, 4 días antes de que o Alcalde anunciase que Isaac Diaz Pardo faría o monumento a Afonso IX.

--O monumento encargado a dedo é "obra dos arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco a partir dun deseño do intelectual galego Isaac Díaz Pardo."

--Juan Creus e Covadonga Carrasco son os autores do "edificio que acolle a Fundación Luís Seoane ,na Coruña"

miércoles, 3 de diciembre de 2008

TUFILLO FÚNEBRE


Visita do Presidente Zapatero en novembro de 2007
ao Parque da Memoria en Bos Aires

En pequeniño, pero parecido...

Parecido na súa forma en V.

Parecido nas ramplas.

Parecido na gabia.

Parecido na parede inclinada.

Parecido na parede con inscricións.

Parecido nas texturas brillantes.

Parecido en canto ao caracter procesional da construción.

... Parecido ao monumento funerario "Vietnan Veteran`s Memorial Wall" de Wáshington D C. Tan parecido (ver texto do enlace mais abaixo)que a saída do monumento apunta directamente á torre de Hércules.

... Parecido ao "Monumento á Memoria e á Verdade " no Parque Cuscatlan no Salvador.

... Parecido ao "Monumento ás Vítimas do Terrorismo de Estado"no Parque da Memoria de Bos Aires (Visitado polo Presidente Zapatero fai un ano)

... Parecido en fin ao" Monumento a Afonso IX" no Parque Casares da Coruña,

que o Alcalde Losada cualifica de "deseño rompedor e orixinal"

Máis información nos seguintes enlaces: