viernes, 28 de noviembre de 2008

HOMENAXE A MANUEL CURROS ENRIQUEZ


O martes día 25 de novembro de 2008 inaugurouse unha mostra en homenaxe a Curros Enriquez na sala de exposicións Quiosco Afonso pertencente ao Concello da Coruña. Interveñen na exposición 57 artistas,unha magnífica selección con obras actuais,aínda que se noten algunhas ausencias como a do hábil polifacético Isaac Diaz Pardo,agora dedicado a un interesante labor de earthwork en V.
Fotografía de Olga Osorio (fragmento).Catálogo.

lunes, 24 de noviembre de 2008

ARTE GALEGA CONTEMPORANEA 08


O 14 de novembro de2008 inaugurouse unha exposición de arte galega no Museu de Arte e Arqueoloxía de Viana do Castelo dentro do proxecto CULTURNOVA que promove a Deputación da Coruña, no marco da denominada iniciativa comunitaria INTERREG III.

Participan:

Afonso Abelenda,Tim Berens,Xaime Cabanas,Jorge Cabezas,Alberto Carpo,Ramón Conde,Javier Correa Corredoira,Afonso Costa,Dorda,Ferreiro Badia,Hector Francesch,Pablo Galo,Jorge llorca,Tatiana Medal,Jano Muñoz,Manuel Patinha,Soidade Penalta,Jorge Peteiro,Xose Manuel Quintana Martelo e Luisa Valdés.


É unha pena que proxectos tan interesantes teñan tan pouca difusión, por non dicir ningunha, na prensa.Editouse un bo catálogo.