jueves, 26 de junio de 2008

UNHA PASADA


http://freedomforoleiros.blogspot.com/
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2008/06/26/0003_6938119.htm
Posiblemente unha mal intencionada interpretación da soada fotografía sobre O Che "O GUERRILLEIRO HEROICO" de Alberto Diaz Gutierrez (Korda) do ano 1960, puidese parecer que se intentan eliminar de forma aviesa os trazos de identidade do personaxe (estrela de cinco puntas, cigarro puro na boca, puño no alto, mirada indolente ao infinito?etc.) formando parte do armazón dunha polémica actuación en espazo público do ,ao parecer, alcalde lexítimo do concello de Oleiros (A Coruña).
A convocatoria da resistencia cidadá ante o acto de inauguración ás 8,30 da tarde do dia 27 de xuño, podería deixar patente a protesta da colectividade, contra os responsables do partido que detenta o goberno no concello.
Puidésese intuír que a cousa en controversia sexa doada ao parecer por quen a confeccionaron, nun intento de situar en espazo público (coma se fose unha actividade mafiosa da disidencia cubana)unha afronta permanente ao personaxe.
A estética confusa das imaxes desde os diferentes puntos de vista aumentan os interrogantes. Cabe a posibilidade de que a opinión da resistencia pacífica de todos os cidadáns poida expresarse a través das asembleas dos campesiños e de todos os compañeiros da clase obreira en xeral.
Existe desde fai moitos anos, unha interpretación mais digna da citada fotografía, na fachada do Ministerio do Interior na Habana.

No hay comentarios: